miércoles, 21 de noviembre de 2012

Apoyo a las artes dentro de la educación

En este momento de reivindicación del colectivo de las enseñanzas artísticas ante la inminente implantación de la LOMCE, en la que se suprimirá la opción del bachillerato en artes, aporto mi granito de arena "pataleando a modo de post", apostando por el derecho a una educación artística integrada en el currículum, que desarrolle de igual manera la vía educativa del alumno que quiera ser abogado o médico, que la del que quiera labrar su futuro como pintor, bailarín, músico o actor.

Si quieres sumarte a la reivindicación firma en este enlace

 Reivindicación de alumnos de artes de Lugo. Foto extraída del Progreso.

A continuación muestro un pequeño fragmento de mi Trabajo Fin de Grado de la titulación de Educación Primaria, sobre la presencia de la danza en el sistema educativo español, en el que analizo los aportes de esta disciplina a la educación integral de las personas, como manifestación expresiva que contribuye al desarrollo físico, intelectual y afectivo-emocional del individuo.


Fragmento do TFG A presenza da danza na escola

Cristina Lata Villoch

Titora: Carol Gilanders

Universidade de Santiago de Compostela

 
A danza desde os inicios da humanidade tivo un papel relevante na formación do individuo ao longo da historia. Para as civilizacións antigas a palabra mousike era equivalente ás artes das musas, polo que englobaba a música, a poesía e a danza, consideradas disciplinas indispensables para a educación integral do ser humano (Trias, 1996).

[…] ningunha parte do corpo queda inactiva na danza, senón que ao mesmo tempo se exercitan pescozo, pernas e brazos, exactamente como debe bailar quen se propoña ter o corpo nas mellores condicións físicas. Ata eu mesmo aprendería con moito gusto de ti, siracusano, as figuras da danza. E de que che serviría, preguntou o outro. Serviríame para danzar. Nese momento todos botáronse a rir, e Sócrates, cun xesto moi serio díxolles: rídesvos de min? acaso porque quero exercitarme e ter saúde, comer e durmir máis a gusto, ou porque apetécenme esa clase de exercicios […] facendo traballar o corpo enteiro e telo todo el equilibrado (Jenofonte, Banquete, Madrid, 1993). 

Co paso do tempo, o papel da expresión corporal e a danza foi perdendo relevancia en favor dunha educación máis intelectual, limitando o corpo á produción de movementos utilitarios.

Noutros países, como o Reino Unido (Fuentes, 2006), EEUU (Seidel, 2002) ou Canadá (García Ruso, 1997) a danza aparece como unha disciplina máis do currículo do alumnado de ensinanza primaria, dentro dos estudos de arte. 

Cada vez con máis frecuencia, nos EEUU, inclúense as artes desde os primeiros cursos escolares coa fin de obter mellores resultados nos estudantes, partindo das “artes integradas”, no ensino primario e da “introdución ás artes” ou da “educación estética”, onde todas as artes se ensinan de forma global, tanto no instituto como nos primeiros cursos da universidade. Outros investigadores como Mueller, Rohwer e Croom (cit. en Seidel, 2002) tamén falan dos beneficios da inclusión das artes no sistema educativo, xa que afirman que estas “comparten elementos de interacción social, desenvolvemento interpersoal e traballo colaborativo”, de grande importancia para a formación do individuo.

A danza tería que agardar ata o século XX para abrirse paseniñamente camiño da man de pensadores, pedagogos e bailaríns, que propugnaban a inclusión desta disciplina como parte indispensable da formación integral das persoas (Ossona, 1984).

Aínda que pensamos que unha xustificación sobre os aportes da presenza da danza na escola non é necesaria, aportamos as reflexións e investigacións de algúns autores que destacan as posibilidades educativas que nos brinda esta disciplina, como manifestación expresiva que contribúe ao desenvolvemento físico, intelectual e afectivo-emocional do individuo e, polo tanto, que incide na súa saúde e calidade de vida.

A progresiva incorporación de materias artísticas á educación do século XX débese, en gran parte, ao movemento da Escola Nova. Para Decroly (1871-1932), a danza, o teatro e o canto, como disciplinas baseadas na expresión e a observación, deben estar presentes constantemente nas actividades escolares, xa que engloban todos os medios polos cales o rapaz pode comunicar o seu estado de ánimo (Lourenço, 1964).

Dalcroze (1865-1950) afirma que é importante que a educación faga marchar xuntos o desenvolvemento intelectual e o físico. Por iso loitou por introducir estes contidos nas escolas e por facer comprender aos educadores o papel decisivo que a arte debe desempeñar na educación do pobo (Megías, 2009).

Laban (1879-1958) é un dos primeiros en sinalar a importancia da danza dentro do sistema educativo, situándoa ao mesmo nivel que o resto das materias. Os seus estudos, centrados na natureza do movemento da danza e na importancia da creatividade do movemento, serviron de base do que hoxe entendemos como "danza educativa" (Fuentes, 2006).

O estilo de vida urbana dificulta en ocasións o acceso a un entorno que permita ao neno desenvolver actividades cinéticas, condicionando gravemente o seu desenvolvemento motor. Para Laban existe unha tendencia, na que os rapaces ao longo do seu proceso de aprendizaxe adoptan patróns corporais socialmente aceptados, perdendo a súa esencia e naturalidade. Segundo este autor, o fenómeno está asociado ao proceso de industrialización das sociedades, sendo posible apreciar unha relación inversamente proporcional entre o desenvolvemento industrial e o desenvolvemento corporal (Laban, 1975).

Fux (1981), na mesma liña, no seu libro Danza. Experiencia de vida, afirma:
Cando somos nenos necesitamos movernos, porque movéndonos expresamos as nosas ganas de rir, chorar ou de xogar. A medida que crecemos, o noso corpo, polos tabús dunha civilización que corrompe a nosa necesidade de expresión, perde cada vez máis o desexo de mobilización. É entón cando debemos recorrer, xa adultos, a experiencias para mellorar o físico en institutos de ximnasia, onde sen pensalo, non só melloramos senón que descargamos a enerxía acumulada a tantos “non” impostos (Fux 1981).

Gardner (1983), na súa teoría das intelixencias múltiples, salienta o feito de que todas as intelixencias son igualmente importantes, polo que o problema no sistema escolar vixente e o marco socio-cultural é que o seu tratamento é xerárquico, primando a intelixencia lóxico-matemática e a lingüística, sobre as outras, deixando á marxe materiais didácticos ou actividades que fomentan o desenvolvemento das “intelixencias de segunda orde” (a musical, a espacial, a corporal-cinética, a interpersoal e a intrapersoal). A danza é un dos recursos que os docentes posúen para promover un proceso de ensinanza-aprendizaxe a través da diversidade de intelixencias, asumindo que a totalidade dos educandos posúen un diferente grao de desenvolvemento de cada unha delas, polo que a posta en práctica nas aulas convértese nunha necesidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario